CRTVG

Buscar

A estación de tren de Ourense é a única que queda na provincia que con atención presencial aos usuarios

Publicado o 22/10/2021 14:44

Unha das últimas estacións de tren de Ourense en botar o peche foi a do Carballiño. Noutras vilas importantes da provincia, na Rúa, no Barco e en Ribadavia, quedaron tamén o ano pasado sen persoal en portelo.

Das 21 estacións operativas na provincia de Ourense, só esta da capital conta con servizos de atención ao cliente.

O peche das estacións responde, segundo os sindicatos ferroviarios, ao desmantelamento paulatino dos trens de proximidade.

Os sindicatos dan unha cifra: nos últimos oito anos os trens que circulan por Ourense pasaron de 68 a 20. Piden que volvan abrir as estacións e que se preste un servizo de calidade tamén no rural.

Dende Renfe lembran que nas estacións que non contan con venda presencial os viaxeiros poden mercar os billetes nas máquinas, en Internet e a bordo no caso dos trens de media distancia.

Noticias web

22/10/2021