Ourense é a terceira provincia de España con menos maiores afectados pola covid
Publicado o 19/09/2021 14:58
Malia que a provincia de Ourense é unha das máis envellecidas de todo o estado, cun 32 % de persoas maiores de 65 anos, a covid apenas afecta a día de hoxe os maiores ourensáns. A incidencia acumulada a 14 días nesa faixa de idade é de 38,32 casos por cada 100.000 habitantes. É dicir, dez puntos menos que na Coruña e catro menos que en Pontevedra.
No conxunto de España, tan só Segovia e Asturias presentan cifras mellores en canto a contaxios. Moi diferente é a situación en Lugo, onde a incidencia entre os maiores é de 137,49 casos por cada 100.000 habitantes.