Ata 26 concellos ourensáns non teñen acceso a sucursais nin caixeiros
A última oficina bancaria en pechar as súas portas en Xunqueira de Ambía foi hai uns 5 anos. Peregrinos e veciños teñen que desprazarse a outros concellos lindeiros como o de Allariz para facer xestións ou retirar cartos. Unha situación que padecen uns 26.000 ourensáns que viven no rural e que non dispoñen de servizo bancario. En toda Galicia son máis de 43.000. Moitos negocios víronse na obriga de instalar o pago con tarxeta.
Unha trintena de concellos, a maioría na provincia de Ourense, sumáronse a un convenio entre a Xunta e a FEGAMP para subvencionar a instalación de caixeiros en espazos públicos. No caso de xunqueira estaría nos baixos da casa consistorial, pero, polo momento, terán que seguir desprazándose a outros municipios para facer uso do servizos bancarios.