Ourense chegou hoxe a 28 graos de temperatura
Rúas e terrazas dos locais de hostalería ateigadas de xente que aínda leva a roupa de verán e termómetros marcando 28 graos. Foi a imaxe que se viviu hoxe na cidade de Ourense. O vento quente, o tempo solleiro e a calor sorprenderon a veciños e turistas tendo que levamos case un mes de outono.
A calor estendeuse por toda a provincia ourensá. Xosé, que leva 60 anos a cargo deste pluviómetro da axencia estatal de meteoroloxía di que o clima está a cambiar e que cada vez é máis cálido nestas zonas de montaña: "Antes chovía máis, nevaba moito máis e o sol non pegaba tanto".
A calor e as altas temperaturas non son exclusivas de Ourense. En Chandrexa de Queixa, por riba dos mil metros de altitude, houbo hoxe máis de 25 graos. E todo co outono xa moi avanzado.
Esta especie de verán en pleno outono comezará a remitir mañá, coa chegada de chuvia ao longo do día e cunha baixada leve das temperaturas.