Otegi pide aos presos da ETA que se afilien a Bildu
Publicado o 14/01/2021 16:51

O líder de Bildu, Arnaldo Otegi, está escribindo cartas aos presos da ETA para que se afilien á formación.
Segundo publica o xornal El Mundo, pídelles apoio para que o proxecto político medre. E ademais dunha carta personalizada, estalles enviando un documento coas liñas mestras políticas da actuación de Bildu.