Otegi di que o Supremo busca criminalizar a esquerda independentista e desestabilizar o Goberno
Publicado o 15/12/2020 15:14
Para Arnaldo Otegi, a decisión do Supremo de volver xulgalo ten unha base política. O seu obxectivo, entende Otegi, é criminalizar a esquerda independentista vasca e desestabilizar o escenario político en España.
Di que non o van conseguir e mantén o seu apoio a Sánchez: "É unha emenda á totalidade aos orzamentos xerais do Estado porque non lles gusta o que está pasando. En canto a se imos cambiar de opinión, pois é evidente que non. Nin a nosa actitude, nin o noso voto nin a noso posicionamento se vai alterar en absoluto".