CRTVG

Buscar

O interior da provincia de Ourense rexistra ata 20 graos de diferenza entre a noite e o día

Publicado o 07/06/2021 14:33

Á primeira hora da mañá, na Limia, cazadoras e suadoiros aínda son un complemento obrigado. O ceo despexado fixo caer as temperaturas ata os 4 graos en Xinzo, 1 en Calvos. A friaxe deixa pegada sobre os coches, pero pronto muda a situación.

Mans tapadas e abrigos á primeira hora tamén na cidade das Burgas, que deixan paso a media mañá a unha estampa máis propia do verán. En principio, continuará a calor por riba dos 30 graos, pero tamén haberá oscilacións térmicas de máis de 20 graos de diferenza entre o día e noite nas zonas do interior, polo que cómpre non deixar lonxe a chaqueta.

Noticias web

07/06/2021