CRTVG

Buscar

'Green Book' reina nos Óscar

Publicado o 25/02/2019 09:09

Un filme de diálogo e compresión no cara a cara nunha época de extremos. Falamos de Green Book, a historia interracial que lle sacou o premio de mellor película a Alfonso Cuarón despois de que o cineasta mexicano se fixera cos galardóns de dirección, fotografía e mellor filme de fala non inglesa por Roma.

Nunha gala sen presentadores, Hollywood apostou polo conservadorismo dunha cinta ben aceptada polo gran público. Ao igual que fixo co premio a Rami Malek por meterse na pel de Freddy Mercury, aclamado desde as butacas coa actuación do seu compañeiro Brian May e polos académicos con catro premios ao final da noite.

Olivia Colman foi a única premiada de La favorita, filme que chegaba con dez candidaturas nunha noite en que houbo máis mulleres premiadas ca nunca, quince e con galardóns afroamericanos inéditos por Black Panther. Pero da edición número 91 dos Óscar quedará México na lembranza.
 

Noticias web

25/02/2019