Óscar García fala coa TVG ao chegar a Galicia: "Hai bos xogadores. Veño con moita ilusión"
Publicado o 05/11/2019 12:05
Óscar García chegou xa a Galicia. O novo adestrador do R. C. Celta aterrou no aeroporto de Compostela para asinar en Vigo o seu contrato ata o final de temporada. Chegou acompañado polo seu irmán Roger. Falou coa Galega.
"Hai bos xogadores. Veño con moita ilusión e ganas para tentar facer moitos puntos", afirmou Óscar García.