CRTVG

Buscar

Os xornaleiros seguen sendo fundamentais para as campañas da vendima

Publicado o 26/09/2019 17:03

"É unha maneira de sacar cartiños e tamén é unha experiencia bastante boa, dinámica e atrevida, por suposto. Estás aquí coa xente toda, que son coma unha familia, aínda que a moitos case non os coñecía de nada, pero despois saes de como... entre nós apoiámonos, ben, é unha cousa moi bonita", di o xornaleiro Eladio González, que estes días apura a vendima nunha adega da Ribeira Sacra.

El e os seus compañeiros teñen por diante 15 días de moita actividade, apañando uvas e carrexando caixas polas ladeiras escarpadas. Un traballo duro pero que lle permite levar á casa un salario extra.

"Traballan oito horas e o que nos lles pagamos son netos 50 euros diarios", afirma Alfonso Regal, popietario da adega Pincelo. 

"Nós utilizamos temporeiros todos os anos. Co noso persoal que temos fixo non damos feito todas as labores do campo".

"É un sobresoldiño que sempre entra ben na casa", di Eladio.

Malia que se valora a experiencia, ao no ser un traballo excesivamene técnico os adegueiros buscan xente que, sobre todo, teña ganas de traballar. Antes era moi habitural ver os estudantes vendimando. Hoxe en día o perfil do xornaleiro corresponde a persoas en paro, estranxeiros ou xente que pide as vacacións nesta época para facer unha extra.

O certo é que para moitas adegas cada vez é máis complicado atopar man de obra disposta a botarlle un pulso á ribeira.

Noticias web

26/09/2019