CRTVG

Buscar

Os xogos de Tokyo realizaranse sen público polo incremento de contaxios

Publicado o 08/07/2021 16:27
Os xogos de Tokyo realizaranse sen público polo incremento de contaxios
EFE

Os organizadores dos Xogos Olímpicos de Tokyo decidiron celebrar o evento sen público nas bancadas debido á repunta de contaxios na capital. Dan así marcha atrás á medida anunciada hai dúas semanas de permitir ata 10.000 espectadores nos estadios.

A ministra nipoa a cargo dos xogos, Tamayo Marukawa, anunciou esta restrición sen precedentes nunha cita olímpica tras a reunión celebrada este xoves entre os responsables da organización e representantes dos comités olímpico e paralímpico internacionais.

A decisión de vetar a presenza de espectadores en Tokyo tomouse pouco despois de que o primeiro ministro nipón Yoshihide Suga anunciase a aplicación dun novo estado de emerxencia sanitaria por coronavirus na capital que coincidirá coa celebración dos Xogos.