CRTVG

Buscar

Os xogos de mesa e en familia triunfan como agasallos para o Nadal

Publicado o 11/12/2020 18:28

Papá Noel anda apurando para ter todos os agasallos listos para a Noiteboa, sobre todo os encargos feitos polos máis pequenos. Quixemos saber cales son os xoguetes máis demandados neste Nadal. Resulta que a Covid-19 e o confinamento tamén se están deixando notar nas xogueterías.

Entramos nas xogueterías e topamos con moitos asistentes de Papá Noel que están botando unha man, sobre todo avoas que buscan cumprir os soños do neto ou neta, encontrando o xoguete desexado, pero que tamén cumpra con certos criterios.

As tendencias, as de sempre, o segundo tipo de xoguete máis vendido son as bonecas e despois os bonecos, figuras de animación ou relacionadas coas ficcións de moda. Pero este ano o máis vendido, con diferenza, son os xogos de mesa

Pablo Iglesias, responsable de xoguetes, conta que as familias deben pensar que aínda lles queda tempo de semiconfinamento e "segue pesando moitísimo o xogo familiar." Xogos en familia en que, ás veces, o virus chega a ser o protagonista. E mesmo encontramos bonecas con máscara. 

Di Pablo Iglesias, responsable de xoguetes, que "é intentar ver a pandemia dende outro punto de vista, dende o punto de vista dun neno." É a pegada que a Covid-19 vai deixando mesmo nos xoguetes máis desexados.

 

Noticias web

11/12/2020