CRTVG

Buscar

Os ximnasios e a actividade cultural non se deterán coas novas limitacións en Galicia

Publicado o 05/11/2020 20:28

O reforzo das restricións non vai impedir que podamos seguir indo ó ximnasio nos 60 concellos afectados desde o vindeiro sábado polas novas medidas. Había medo no sector a ter que pechar como a hostelería, pero finalmente nestes espazos pechados vai estar permitida a práctica deportiva de forma individual e repetando sempre unha capacidade máxima do 50 por cento. Algúns empresarios din que xa se adiantaran adoptando maiores medidas de prevención.

O decreto contempla que tamén vai seguir a actividade cultural en bibliotecas, museos, teatros ou cines. Pero neste caso a capacidade máximo vai ser de 30 persoas nas salas ou de 75 se a actividade se realiza no exterior. As novas disposicións permiten ademais a apertura dos salóns de peiteado, dos centros de beleza ou do comercio en xeral cunha limitación máxima, coma no resto de Galicia, do 50 por cento da ocupación.

Noticias web

05/11/2020