Os xabarís causan estragos case a diario en Cerponzóns
Publicado o 24/02/2021 14:12
O xabaril causa estragpos case a diairio na parroquia pontevedresa de Cerponzóns. Desta vez foi nunha leira de herba. Non tiña outras plantacións porque estes animais están a acabar coa paciencia dos veciños da zona.
Os problemas non rematan aquí. En Cerponzóns din con ironía que os xabarís convertéronse nun veciño máis, sen medo a achegarse ás vivendas ou ás estradas, co perigo que isto supón.
Os veciños falan dun aumento da poboación de xabarís e temen o que poida pasar cando rematen as batidas.
Por iso piden máis batidas e que as administracións se fagan cargo das perdas que lles están a ocasionar estes animais.