Os viticultores devecen por un chisco de sol para dourar os seus acios
Publicado o 05/08/2021 22:39
Se se cumpren as previsións da Denominación de Orixe Rías Baixas, queda pouco máis dun mes para a vendima. Os técnicos contan con que o verán, o de verdade, empece a semana que vén e, a partir de aí, calculan que a uva xa estará lista a mediados do vindeiro mes de setembro para unha colleita de boa calidade e, polo menos, tan abundante como a do ano pasado.
Este ano o ciclo da viña é o habitual, e iso quere dicir que a vendima se prevé para mediados de setembro, coma case sempre. Se a suba das temperaturas non dá chegado, a colleita podería adiarse.
A D. O. Rías Baixas manexa a previsión dun 10 % máis de colleita de uva verbo do ano pasado, cando a vendima rematou con 34 millóns e medio de quilos.