Os viticultores apaluden as medidas de emerxencia polos danos do xabaril
Publicado o 02/09/2021 16:31
Os viticultores analizan coa Xunta a entrada en vigor das medidas de emerxencia cinexética polo xabaril. Unha medida temporal que permitirá a captura destes exemplares para controlar a súa poboación e que dende o pasado venres se aplica en 29 comarcas.
Os viticultores aplauden a medida xa que son un dos sectores máis afectados polos danos que provoca a incursión destes animais nas súas leiras. Tamén contan cunha liña de axudas para facerlles fronte ás perdas económicas.