CRTVG

Buscar

Os viaxeiros piden recuperar horarios e liñas de tren en Galicia e baixar prezos

Publicado o 29/09/2020 15:07

Renfe segue sen recuperar algúns dos trens suprimidos durante o confinamento mentres a demanda aumenta co inicio do curso universitario. Os usuarios quéixanse dos prexuízos que lles ocasiona esta situación. 

Preguntamos aos viaxeiros habituais. "Eu, que vivo en Santiago e traballo na Coruña, si que noto que se limitaron os horarios. Hai moito menos onde xogar para moverte", di este veciño de Santiago.

A situación complícase co inicio do curso universitario, que dispara a demanda. Unha alumna que viaxa desde Vilagarcía cóntanos que "reduciron os horarios de trens. Agora hai menos. A min coincídenme mal e a compañeiros da universidade tamén. O último tren xa non está e teñen que buscar a vida".

Renfe afrontou o confinamento cun recorte das liñas. Segue sen recuperar practicamente a metade das suprimidas. Este mozo de Ourense pregunta "intentas xuntar á menos xente posible e o primeiro que fas é reducir os horarios de trens?".

Os recortes afectan tamén a longa distancia. Das liñas que había con Madrid e Barcelona, só funcionan a metade. Ante a mingua do servizo, os usuarios piden unha baixada de prezos. Os usuarios cren que "o que tería cambiar é o prezo. Porque a verdade é un pouco caro de máis". Reclaman "prezos un pouco máis accesibles para a xente que ten que coller o tren todos os días".

Unha aposta, din, polo transporte público.

Noticias web

29/09/2020