Os vendedores da ONCE volven ás rúas
Publicado o 15/06/2020 15:27
Representan a ilusión de cada día. Os 19.000 vendedores da ONCE retoman o seu traballo a pé de rúa.
Para este reencontro cos seus clientes, a ONCE saca á venda unha colección de 46,5 millóns de cupóns, un por cidadán, para recoñecer o esforzo de todos. Ademais cada día da semana o cupón dedicarase aos esenciais durante a pandemia.
O primeiro sorteo diario será esta noite, pero a ONCE programa tamén os extraordinarios. Haberá sorteo de San Xoán o próximo mércores 24 de xuño e extra de verán o 15 de agosto. Ademais, este domingo celebrarase o do Día do Pai, aprazado pola pandemia.
Todo para lembrarnos que a ilusión está de novo na rúa.