CRTVG

Buscar

Os vehículos de UROVESA, presentes nos Emiratos Árabes

Publicado o 25/02/2021 17:36

Galicia está presente na feira de defensa que se celebra esta semana nos Emiratos Árabes. A galega UROVESA  participa no pavillón español cos seus vehículos para o exército. É a maior feira do sector en Oriente Próximo.

900 expositores e 70 mil asistentes dan vida a esta convocatoria na que, xunto co fabricante galego de blindados UROVESA, participa a pública Navantia e outras dedicadas á fabricación de material para o exército. O investimento que fan as autoridades emiratís supón unha inxección económica moi importante. Fíxense nas cifras. Este martes o seu exército pechou compras de equipos por valor de 4.200 millóns de euros.
 

Noticias web

25/02/2021