CRTVG

Buscar

Os veciños rexeitan o plan do Concello de Begonte de unir os dous centros educativos

Publicado o 14/12/2020 14:07
Os veciños rexeitan o plan do Concello de Begonte de unir os dous centros educativos

En Baamonde, no concello lugués de Begonte, hai malestar entre as familias e os veciños da zona despois de que o alcalde lles comunicara a intención de pechar o colexio para o vindeiro curso. 

A súa idea é crear nas instalacións un conservatorio de música e unificar esta escola co outro colexio que hai en Begonte. Os pais opóñense a este peche e rexeitan concentrar máis alumnos por aula.

Noticias web

14/12/2020