Os veciños de Curtis recuperan a subministración de auga potable
Publicado o 06/10/2021 09:20
Os veciños de Curtis xa poden beber a auga da billa. O problema arrastrábase desde o mércores pasado pola tarde, cando se detectaba un problema de contaminación provocado por unha vertedura de xurro na rede de abastecemento.
Por iso, prohibiuse o consumo de auga da billa e foi necesaria a utilización de camións cisterna para abastecer a poboación. Os problemas agraváronse esta fin de semana debido ás chuvias que provocaron o arrastre desa vertedura.
Tras as analíticas realizadas na auga o luns, decretouse que xa era apta para o consumo e agora o Concello abriu un expediente para iniciar as investigacións.