CRTVG

Buscar

Os veciños impiden a ocupación dunha casa no barrio lugués de Montirón

Publicado o 14/06/2021 14:21

A alerta dada por un veciño e a mobilización doutros evitou que unha casa do barrio lugués de Montirón caera en mans dos okupas. Varios habitantes da zona acudiron á vivenda para evitar que dous homes e dúas mulleres se instalaran nela de xeito ilegal. Cando a policía chegou, xa se deran á fuga.

Malia este final, os veciños din que os intentos de okupación se producen todas as semanas e que cada día se ve xente fotografiando as casas deshabitadas ou que son segundas residencias co obxectivo de okupalas. Din que eles non poden estar vixiando todo o tempo todos os inmobles e lamentan que os okupas escolleran agora o barrio de Montirón, igual que antes operaban nas Gándaras ou a Milagrosa.

Os veciños piden que os donos de casas deshabitadas as aluguen ou vendan ou que incorporen medidas de protección que disuadan os okupas cando tenten coarse.

Noticias web

14/06/2021