CRTVG

Buscar

Os veciños enchen de luces e cores os fogares da aldea da Mioteira, en San Cibrao das Viñas

Publicado o 15/12/2020 21:02

Foi un dos veciños da Mioteira o que propuxo a iniciativa. Nunha semana fóronse animando todos, e a iluminación e as decoracións de Nadal foron enchendo cada fogar e cada recuncho desta pequena aldea de San Cibrao das Viñas.

Esa é a idea: alegrar un pouco o ambiente neste Nadal da pandemia. E conseguiron chamar a atención, din que xa están recibindo visitas e o Concello tamén se animou a facer uns premios para as mellores decoracións. Todos están moi orgullosos da súa iluminación.

O máis importante, din, é a unión de toda a veciñanza e xuntos queren desexarlles: "Desde A Mioteira, bo Nadal!".

Noticias web

15/12/2020