CRTVG

Buscar

Os veciños dunha rúa da Coruña protestan pola esterqueira que deixa unha colonia de pombas

Publicado o 27/07/2020 14:14

Picadas nas xanelas, corrosión da pintura dos coches polas deposicións e lixo nas rúas. É o que sofren cada día os residentes da rúa de Julio Rodríguez Yordi, na Coruña, por mor dunha colonia de pombas.

Os veciños denuncian a insalubridade que provocan e esixen unha solución ao Concello.

Unhas vinte familias atópanse afectadas polo problema que se está estendendo por outros puntos da rúa. Outro inmoble que fai esquina sufría o mesmo inconveniente, pero selaron os ocos da parte superior do baixo de xeito provisional para evitar que fagan os seus niños.

Os veciños din que levan anos sufrindo este problema e este novembro o Concello enviou un técnico para avaliar a situación e aseguran que o que fan é mandar o servizo de limpeza para lavar con auga as beirarrúas.

Os residentes quéixanse do silencio administrativo mentres van sumando danos, como a oxidación do aluminio das xanelas pola continua limpeza e a imposibilidade de ventilar os cuartos porque entran os paxaros.

Noticias web

27/07/2020