CRTVG

Buscar

Os veciños dunha aldea de Chandrexa de Queixa están xa case todos inmunizados

Publicado o 14/05/2021 15:10

Os veciños da Espasa están afeitos a respirar a tranquilidade do aire da serra de Queixa. Pero agora xa, case todos inmunizados, respiran aínda máis tranquilos.

Lauro ten 90 anos e foi un dos primeiros en recibir as dúas doses da vacina. Dos 13 habitantes da aldea, agora só falta Lola por recibir a segunda dose, o seu fillo, que ten 46 anos, e Jesús, con 57, tamén está pendente.

Ata esta zona do macizo central ourensán o virus non chegou e din que aquí, illados no rural, a pandemia vívese dun xeito distinto. Iso si, respectando as normas.

Sen dúbida, din que o que máis botan de menos é xuntarse coa familia. Mentres agardan polo reencontro, os veciños da Espasa seguen coa súa vida ao aire libre e sen máscara. No concello ourensán de Chandrexa de Queixa máis da metade teñen superan os 65 anos e case o 70,% xa ten o proceso da vacinación completado.

Noticias web

14/05/2021