CRTVG

Buscar

Os veciños do edificio anexo á Casa Carniceiro de Oleiros, que ardeu a semana pasada, esixen o seu derrubamento por seguridade

Publicado o 23/07/2020 14:32

Unha semana despois do incendio que devorou a cuberta e o interior deste inmoble modernista, situado en Perillo, e coñecido como Casa Carniceiro, aínda se descoñece cal vai ser o seu futuro. A zona está acordoada, pero no inmoble non se adoptou ningunha medida para asegurar a estrutura. Esta desidia preocupa especialmente os veciños do edificio lindeiro, porque temen que se produza unha desgraza se hai algún desprendemento ou que volva ser ocupada.

A maioría dos inquilinos esixen que o inmoble sexa derrubado. Cren que perdeu o seu valor histórico tal como quedou e converterse nun problema.

Os veciños desta comunidade din sentirse abandonados polas autoridades municipais porque a carón do edificio hai outra vivenda desocupada, que tamén é unha fonte de problemas e ninguén fai caso das súas denuncias.

A casa Carniceiro leva 14 anos abandonada pola familia propietaria e o Concello de Oleiros baralla a posibilidade de negociar a súa cesión para restaurala se os informes técnicos o avalan.

Noticias web

23/07/2020