CRTVG

Buscar

Veciños de Canido advirten dos paseos do xabaril por esta zona urbana de Ferrol

Publicado o 27/09/2021 14:24

No barrio ferrolán de Canido os protagonistas son os xabarís. Acotío estragan hortas, xardíns públicos onde hai un parque infantil a escasos metros e mesmo son quen de entrar en leiras privadas á procura de comida.

Denuncian que o grupo inicial de 4 xabarís reproduciuse e que agora xa hai varios grupos diferentes que campan ás súas anchas polas zonas máis urbanas do barrio.

Dín que viven co medo no corpo. Para frear o avance da manda e recuperar a tranquilidade, pídenlles ás autoridades que interveñan o antes posible. Temen que calquera día aconteza unha desgraza.

Noticias web

27/09/2021