Os veciños de Viveiro poden volver ver a primeira liña do mar
Tras varias décadas sen funcionamento, as naves do molle antigo de Viveiro foron derrubadas. Tratábase dunha vella reivindicación dos veciños da vila, xa que escaseaban as zonas onde poder aparcar e os alpendres rompían a estética do recinto histórico viveirense.
Dun día para outro, foron tiradas abaixo as naves do antigo molle de Viveiro, que levaban décadas pechadas. A derruba destas edificacións sen actividade era unha vella reivindicación veciñal, posto que rompían a estética do centro histórico da vila.
Ademais de deixar unha vista máis despexada cara á ría de Viveiro, a derruba das vellas naves permitirá aumentar o aparcadoiro nunha zona onde escasean este tipo de dotacións. Ao explanar 2.500 metros cadrados de terreo, a actuación de Portos suporá a creación dun cento de novas prazas de estacionamento. Si se vai conservar a antiga casa do gardamolles.