CRTVG

Buscar

Os veciños de Uceira Branca, en Paradela, levan catro meses sen recollida do lixo

Publicado o 31/01/2020 20:28

Os veciños da aldea de Uceira Branca, no concello lugués de Paradela, quéixanse de que levan catro meses sen que lles recollan o lixo. Din que o problema xurdiu a raíz dun cambio de colocación do colector, ao que eles se opuxeron. Manifestan que leva aquí 30 anos e que se llelo trasladan máis arriba complícalles moito a situación aos veciños do lugar, a maioría anciáns.

Logo de meses sen recollida o colector non dá abasto e as bolsas acumúlanse ao seu arredor. Os veciños rexeitan esta situación porque xera malos cheiros e os cans mesmo esparexen o lixo.

Os veciños cren que a idea de mover o contedor se debe ás dificultades do operario que manexa o camión do lixo para acudir a este núcleo e mesmo están dispostos a habilitar unha zona onde poida manobrar o camión con tal de que lles deixen o colector no sitio de sempre.


 

Noticias web

31/01/2020