CRTVG

Buscar

Os veciños de Todoque apuran para recoller o básico antes de que chegue a lava

Publicado o 22/09/2021 14:38

O cabido da Palma concedeu de prazo ata as sete desta tarde aos veciños de Todoque para que recollan todas as súas pertenzas antes de que a coada de lava expulsada polo volcán Cumbre Vieja atravese o lugar.

Desde que entrou en erupción, son xa máis de 6.000 as persoas evacuadas dos tres concellos afectados polo avance do magma, Nerviosos e emocionados, os veciños evacuados da localidade de Todoque puideron regresar de novo ás súas casas para recoller todo o posible antes de que a lava sepulte o lugar. Moitos non puideron reprimir as bágoas. 

A superficie arrasada polo magma que expulsa polas súas catro bocas activas supera as 150 hectáreas e 320 edificacións foron destruídas. O núcleo urbano de Todoque é o último obstáculo que separa a lava do mar, situado a escasos dous quilómetros e medio en liña recta.

Noticias web

22/09/2021