CRTVG

Buscar

Os veciños de Seixalbo triunfan nas redes con trampas caseiras para atrapar velutinas

Publicado o 22/04/2021 21:42

Coa primavera comeza a loita contra as velutinas. Neste tempo cómpre capturar as raíñas con trampas selectivas. As que promoven os veciños da parroquia ourensá de Seixalbo arrasan nas redes.

Por cada raíña que atrapen hoxe haberá 20.000 avespas menos no verán. E para cazalas os veciños de Seixalbo propoñen unhas trampas que, por baratas e sinxelas, arrasan nas redes. 

Os cebos deben limparse con frecuencia. Se coamos os cadáveres podemos reutilizar o atraente. Aquí fano con 2 vasos de auga con azucre ou zume, un de viño branco, unha pinga de vinagre e outra dun ingrediente inesperado...

O importante non é poñer moitas trampas, senón colocalas en sitios estratéxicos, preto de camelias e froiteiras. Unha estratexia de prevención coa que protexer as abellas e a nós mesmos desta especie invasora.

 

Noticias web

22/04/2021