Os veciños de Sanxenxo denuncian que segue habendo 'botellóns' e balbordo
Publicado o 21/08/2020 13:59
Veciños de Sanxenxo denuncian que o peche dos locais de ocio nocturno non lles puxo fin ás actitudes irresponsables. Quéixanse dos mozos que seguen a realizar botellón sen gardar distancias nin usar máscaras.
Os propios veciños gravan os altercados nas noites de balbordo. Segundo algúns, o barullo continúa diseminado na rúa tras o peche dos bares. Para outros, o maior problema é a saída e entrada nos domicilios.
Algúns opinan que non é un problema tan grave ou que podería resolverse abrindo un pouco a man na apertura dos locais.
Desde o Concello de Sanxenxo din que non están preocupados polo botellón, aínda que si polas festas en vivendas particulares e polos ruídos que ocasionan.