Os veciños de Redondela e Chapela intensifican as protestas contra a peaxe da AP-9
Publicado o 19/02/2019 17:26
Percorrer o tramo da AP-9 entre Vigo e Redondela custa ao usuario dun turismo 0,95 euros. É o que debe pagar na peaxe de Rande. Os veciños das parroquias de Teis e de Chapela levan anos demandando a súa supresión. Tamén o colectivo dos transportistas que o empregan a diario. Séntense discriminados como usuarios deste tramo de autoestrada.
Os veciños de Teis e de Chapela non só reclaman a supresión da peaxe. Tamén demandan a conversión en urbano dun tramo da autoestrada e a instalación de pantallas acústicas para rebaixar os niveis de ruído que soportan estas parroquias polo paso da AP-9.