Os veciños de Ordes atribúen a alta incidencia a un exceso de confianza polas vacinas
Publicado o 30/05/2021 13:13
A mala evolución dos datos devolveu Ordes ao nivel alto de restricións.
Regresou o silencio ao interior dos bares e as terrazas, de novo, traballan só ao cincuenta por cento. Hai hostaleiros anoxados. Outros resignánse. Toca resisitir un pouco máis.
Ordes ten a mobilidade restrinxida. Os veciños cren que a vacinación derivou nun exceso de confianza.
Hai cansazo e tamén desánimo, pero confían en que as cifras lles concedan un respiro axiña.