Os veciños de Mos reconstrúen desinteresadamente unha casa ardida
Publicado o 01/12/2019 21:30
O incendio comezou nunha estufa de leña, ás doce da noite do 3 de novembro, hai case un mes. O servicio de emerxencias de Mos chegou á casa do camiño do Agro, nas Pereiras, aos poucos minutos.
Empezar de novo construíndo entre todos, veciños, comuneiros, concello de Mos, Caritas unha nova casa para unha muller e as súas fillas que prefiren manter o anonimato. Así está a obra agora, avanzando para converterse nun fogar.
Para que o máis rápido posible a familia poida volver á súas casa nas Pereiras. Para recadar máis de novo a vila ao completo organizou este domingo o concerto "Por un novo fogar en Pereiras".
Desinteresadamente. Esa é fermosísma palabra que define ao conxunto de veciños das Pereiras.