CRTVG

Buscar

Os veciños de Miño homenaxean a súa patroa cunha alfrombra de flores

Publicado o 15/08/2019 19:39

Estamos nun dos días máis festeiros do ano. A localidade coruñesa de Miño homenaxea á súa patroa cunha gran alfrombra floral na que participan boa parte dos veciños. Moitas horas de traballo para un grupo de mulleres que quixeron este ano representar na súa pequena obra de arte o Camiño Inglés que atravesa a vila.

Máis dun mes de traballo e toda unha noite sen descanso para que neste 15 de agosto as rúas de Miño lozan así de engalanadas. Os preparativos comezaron a primeiros de xullo coa recolleita dos materiais.

Sonia Pérez. "Van buscar os materiais naturais para facer flores e palabras. A xente maior é a que máis traballa".
 Mª Jesús ."Este ano o traballo foi unha locura"
Teresa Valiño. "Onte empezou a chover pero finalmente estamos satisfeitas do traballo"

O traballo mereceu a pena para conseguir estes 700 metros de arte floral efémero co que queren diferenciar o seu traballo do resto de alfombras florais que se fan en Galicia. Nela están representadas as tradicións e as asociacións da vila e tamén o camiño de Santiago e a lacra da violencia machista. "Dedicámoslle á Virxe un corazón enorme. Tocamos a Catedral de Santiago e unha homenaxe á muller"

A procesión da Virxe pon fin este 15 de agosto a esta tradición. Pero as organizadoras xa botan contas para superarse de cara ao próximo ano.

Noticias web

15/08/2019