Os veciños de Mandín esixen beirarrúas para garantir a seguridade viaria
Publicado o 07/03/2019 14:18
Faise difícil a convivencia entre os peóns e os vehículos na estrada que discorre polo lugar de Mandín. Uns e outros deben transitar polo mesmo carril, xa que practicamente non existe espazo entre ambas as dúas marxes da vía para o paso de persoas ou animais.
O Concello acometeu obras de reforma no firme co reasfaltado de toda a estrada. Prometeu despois construír as beirarrúas, pero iso implica que nalgúns treitos os propietarios das vivendas situadas na mesma rúa, retranqueen os muros para deixar o espazo necesario.
Mentres non se constrúan as beirarrúas, os peóns deben circular moi atentos ao paso de coches e camións.