CRTVG

Buscar

Os veciños de Lobeira denuncian o desabastecemento de medicamentos da única farmacia

Publicado o 03/09/2019 14:11

Desesperados e moi indignados están os veciños e veciñas do concello ourensán de Lobeira pola falta de medicamentos na única farmacia que teñen.

Moitos teñen que se desprazaren a concellos limítrofes para poder mercar a súa medicación e a maioría da poboación é maior e non teñen medio de transporte.

Reclaman unha solución urxente e para iso xa recolleron máis de 300 sinaturas e tamén comunicaron a situación ao Colexio de Farmacéuticos de Ourense.

O farmacéutico, dono da farmacia, co que puidemos falar, di que entende a preocupación dos veciños, asegura que está pendente de solucionar os problemas financeiros que ten e agarda que dentro duns dez días a famarcia de Lobeira poida volver dar o servizo con normalidade.

Noticias web

03/09/2019