CRTVG

Buscar

Os veciños de Cardecide converten, un ano máis, a súa aldea nun conto de Nadal

Publicado o 16/12/2020 14:53

Coma se entrasen nunha aldea dun conto de Nadal. Así se sente todo aquel que dende comezos de decembro visita o pequeno nucleo rural de Cardecide, en Cuntis, que hai xa máis de oito anos que se enche de luz por estas datas.

Unha iniciativa, que provén dun veciño de Suíza, en que participan todos os residentes da zona. Ademais das luces, cada ano engaden un elemento artesanal novo nesta particular decoración veciñal. 

É un auténtico espectáculo de cores que co paso do tempo vai gañando máis visitantes. A iluminación estará prendida ata despois de Reis para todos aqueles que queiran achegarse para coñecelo.

Noticias web

16/12/2020