CRTVG

Buscar

Os veciños de Carballo estrean un curioso símbolo para nos concienciar da importancia de coidar os océanos

Publicado o 07/08/2020 15:13

Fabián Lage é o creador do golfiño situado dende fai uns días na praia da Pedra do Sal en Carballo.

Unha escultura reivindicativa, incluída no proxecto Eu quero Razo-Baldaio, que pretende concienciar sobre o respecto ao medio natural e o mal uso que se lles dá aos plásticos. 

A figura está elaborada con 300 botellas de plástico recicladas e cunha máquina de madeira creada polo escultor durante o cinfinamento. 

Con esta iniciativa, en que tamén participaron usuarios do colectivo Aspaber e Inés Rodríguez, especialista en tecidos plásticos, a idea é concienciar os más cativos e educar os adultos, co fin de poñer en valor o seu espazo natural. 

Noticias web

07/08/2020