CRTVG

Buscar

Os veciños de Cabral piden melloras na vía en que foi atropelada unha muller embarazada, que perdeu o fillo

Publicado o 16/09/2019 17:32

Varios ramos de flores e unha fotografía lembran o tráxico atropelo acontecido na noite deste venres. Unha muller embarazada de nove meses era atropelada neste paso de peóns cando saía da Asociación de Veciños Cultural Feira de Cabral. Por causas que se investigan, foi atropelada por un vehículo que subía por esta avenida. Ela, en estado grave, recupérase no hospital de Vigo tras perder o seu bebé.

Os veciños quéixanse de exceso de velocidade nesta vía e da mala sinalización nunha zona limitada a 50. Moitos aseguran que non se senten seguros e que sempre que circulan por esta vía van con medo. Xa levaron varios sustos e, por iso, cren que sería necesario mellorarlo para evitar unha nova desgraza.

Esa petición trasladaranlla ao Concello nos vindeiros días, tras unha reunión que farán os veciños nesta asociación cultural da feira. Precisamente, na súa cafetería, que hoxe permanecía pechada, traballaba a parella da muller atropelada.

Noticias web

16/09/2019