CRTVG

Buscar

Os veciños de Boborás confían no cambio de fase axiña

Publicado o 08/03/2021 14:49

Dos doce mil galegos que viven hoxe coas máximas restriccións, 2.200 son do concello ourensán de Boborás. Hai pouco máis dunha ducia de casos, cinco familias supostamente contaxiadas nun enterro dunha das 14 parroquias do municipios.

O ambiente na rúa é case de confinamento completo. A penas tres veciños. A unha delas, Mari Carmen, a única saída diaria que fai é para darlle de comer as galiñas. Xosé Ramón, outro veciño, di que sempre ten tarefas domésticas para pasar o tempo.

Apenas tres tendas de alimentación, provocan que a restricción da mobilidade se faga moi costa arriba en concellos tan pequenos.

Tamén hai 17 negocios da hostalería. Os do alto do Paraño, son os que máis sofren o peche perimetral.

Os veciños confían en que como son poucos caso poida chegar tamén axiña un cambio de fase.

Noticias web

08/03/2021