CRTVG

Buscar

Os veciños das Gándaras piden medidas para frear a ocupación de vivendas

Publicado o 18/02/2019 17:33

Os veciños das Gándaras non aguantan máis. Cinco deles xa o sufriron e o resto temen ser as seguintes vítimas dos numerosos casos de ocupación ilegal de vivendas que se veñen rexistrando en Lugo. A súa manifestación polas rúas do barrio serviulles para facer pública a súa impotencia e para reclamar máis vixilancia policial. Jaime Gueimonde, presidente da asociación veciñal Gatos Roxos: "A xente está nerviosa e intranquila. Porque o que pasou pode volver pasar e pódelle pasar a calquera. A calquera das Gándaras ou de calquera outra cidade, porque é un problema que cada vez vai a máis"

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo: "Como corpos de seguridade no momento en que se fai a ocupación é o único momento en que podes actuar. Unha vez feita a ocupación, nós xa non temos competencias nese eido, e polo tanto limítase moito a actuación por parte das institucións. Para poder ter unha maior contundencia, hai que ir a un cambio lexislativo".

Algunha vivenda do barrio leva xa dous anos ocupada e os afectados non recibiron ningunha solución. Algúns 'okupas' pedíronlles 3.000 euros para marchar e deixarlles a casa libre.

Noticias web

18/02/2019