Os veciños das Gándaras están fartos dos roubos e das ocupacións ilegais de vivendas
Publicado o 11/02/2019 13:55
Esta é a última vivenda asaltada no barrio lugués das Gándaras. A súa propietaria está nunha residencia de maiores e varias persoas aproveitaron para entrar pola forza no inmoble. Foron os veciños da zona os que, ao ver luz no interior, alertaron a Policía e quedaron ao pé da casa facendo forza para conseguir parar o roubo e a ocupación ilegal da vivenda.
Os veciños denuncian que se trata sempre das mesmas persoas e quéixanse de que non se toman medidas contra elas. Din que están fartos desta situación e mesmo se manifestaron ás portas desta outra vivenda ocupada de xeito ilegal.
Desta volta, a policía desaloxou e detivo catro mulleres acusadas dun presunto roubo con forza non interior desta vivenda.