Os veciños da Illa de Arousa piden adaptar a capacidade da Illa ao número de visitantes diarios
Publicado o 30/08/2021 22:29
A Illa de Arousa volve reclamar medidas de protección contra o turismo masivo. A grande afluencia de persoas que este verán visitaron Galicia tamén se notou na Illa. Os días de máis calor, o número de turistas triplica o de habitantes.
A veciñanza está dividida entre os que acusan as molestias dun turismo descontrolado e os que ven nese mesmo turismo unha oportunidade. Todos coinciden, iso si, en que este ano superou con moito a afluencia doutros veráns e que o maior inconveniente da masificación é o tráfico.
A capacidade da illa é limitada, e a solución pasaría, din, por adaptar a esa capacidade o número de visitantes diarios.