CRTVG

Buscar

Veciños dos Mallos, na Coruña, volverán saír á rúa para protestar contra a inseguridade no barrio

Publicado o 28/09/2021 14:14

Os veciños dos Mallos, na Coruña, seguen padecendo a inseguridade xerada na zona polos ocupantes ilegais que foron instalándose alí nos últimos tempos. É a radiografía que fan veciños e comerciantes dos Mallos do seu barrio onde viven arredor de 30.000 persoas

Denuncian a conflitividade do barrio, sobre todo ao caer a noite, e un aumento dos actos delituosos.

Impulsada pola plataforma Os Mallos Unidos, o vindeiro sábado protagonizarán unha nova protesta pacífica para esixir unha solución urxente.

Dín que non van parar ata recuperar a tranquilidade e máis a seguridade no barrio.

Noticias web

28/09/2021