Os veciños afectados polos incendios de 2017 en Carballeda de Avia regresan as súas casas
Os veciños afectados pola devastadora vaga de incendios de 2017 no concello ourensán de Carballeda de Avia, poden, por fin, volver ás súas vivendas.
A conselleira de Medio Ambiente visitou hoxe algunhas das casas rehabilitadas cos preto de 770.000 euros achegados pola Xunta. Á parte de vivendas habituais, tamén houbo axudas por danos en construcións anexas e nos obxectos domésticos.
Ángeles Vázquez destacou que Carballeda, un dos concellos máis afectados polos incendios daquel ano, recibiu a quinta parte das axudas que repartiu a súa consellería en Galicia.
Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente: "A Consellería de Medio Ambiente fixo un grande esforzo. Chegouse aos 3,9 millóns de euros e gran parte recaeu en Carballeda de Avia, porque tamén era un dos concellos máis afectados".