CRTVG

Buscar

Os vagóns do Sil reabren a polémica en Lalín por outro vagón abandonado no río Deza hai máis de 50 anos

Publicado o 10/08/2020 14:55

Case 50 anos levan catro vagóns sumerxidos no curso do río Deza na zona de Ponte Taboada.

Son os restos que quedan dun tren de mercancías que se precipitou ao río na década de 1970. Un montón de ferros e madeira que, cubertos pola maleza da zona, seguen a contaminar o leito fluvial. Os veciños lembran aínda o sucedido. 

O Concello de Lalín, solicitara xa en maio de 2010 a retirada do material caído ao río tras o accidente pero as acións para o levantamento nunca chegaron por parte do Ministerio de Fomento.

Tanto o alcalde como moitos veciños consideran que o máis favorable é sacar os restos do río. 

O accidente no río Sil pode ser unha nova oportunidade para que Lalín cumpla a súa vella demanda de retirar a chatarra que leva preto de medio século no Deza, aínda que a súa retirada pode ser algo complexa polo escarpado do terreo próximo ao leito. 

Noticias web

10/08/2020