CRTVG

Buscar

Os usuarios piden que amañen un aparcadoiro público e de balde en Ferrol

Publicado o 12/03/2021 14:34

O aparcadoiro está preto da praza de España de Ferrol e nel poden estacionar ata 300 coches.Pero supón unha proba para a pericia dos condutores. O acceso máis próximo á estación do tren é malo, pero do outro lado, da avenida do Rei, aínda está peor: 

 É un dos dous públicos e gratuítos na cidade. O outro está en Canido, pero este parece que queda máis a man para facer xestións no centro.

 O terreo é propiedade do Ministerio de Defensa. Hai unha década que se empezou a usar provisionalmente de aparcadoiro e ata hoxe. Pendente da sinatura dun convenio de cesión, que non dá chegado, o Concello di que o repara periodicamente. A última vez, hai un ano. Agora volve ser unha necesidade:

Aparcar nas rúas de Ferrol, mesmo en zona azul, é de balde tamén, pero atopar un oco resulta imposible.

 

Noticias web

12/03/2021