CRTVG

Buscar

Os universitarios vigueses, amoreados nos autobuses urbanos

Publicado o 08/10/2020 13:55

Moitos universitarios vigueses aseguran que con frecuencia non poden cumprir coas normas de seguridade no transporte público cando se trasladan ao campus.

Pero non só ocorre nas liñas ao campus universitario. Hai pooucos días así viaxaban os pasaxeiros que se trasladaban ao hospital Álvaro Cunqueiro, e, no centro da cidade, calquera pode observar que os autobuses dos traxectos máis concorridos van cheos.

Ademais dos controis policiais, os usuarios piden medidas que permitan cumprir coas normas de seguridade.

Os usuarios agardan que os seus responsables tomen medidas porque o transporte público é un sevizo esencial e a súa obriga é facelo seguro.

Noticias web

08/10/2020